Pleno ordinario Maio

Canal Plenos
Título Pleno ordinario Maio
 
Órgano Pleno
  (Mandato 2019-2023)
 
Fecha 26 de Mayo de 2021, 09:11
Duración 3h. 20m.
 

PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 6
CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 26 de MAIO de 2021, ás NOVE HORAS, por vídeo conferencia e presencial no salón de Plenos deste Concello.

PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: (Ordinaria do 28.04 e extraordinaria e urxente do 4.05.2021).

Ditames das comisións informativas:
ORZAMENTOS E FACENDA
2. Dar conta do estado de execución do estado de gastos e ingresos do Orzamento, correspondente ao 1º trimestre do 2021, así como do movemento de Tesourería por operacións orzamentarias e non
orzamentarias . Expte. 182/143 (Rexistro Pleno 2931/1101)

Mocións:
3. Moción do concelleiro membro non adscrito, sobre as peaxes das autovías galegas. Rexistro Pleno 2946/1101.
4. Moción do grupo municipal Mixto, a favor da liberalización das patentes das vacinas contra a COVID. Rexistro Pleno 2944/1101.
5. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a consignar o triplo da cantidade que en cada momento se estableza como asignación a Santiago de Compostela pola súa condición de capital de Galicia. Rexistro Pleno 2947/1101.
6. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia á emisión do preceptivo informe que permita a execución polo Concello de Vigo das obras de modernización e ampliación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) de O Casal. Rexistro Pleno 2948/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a iniciar unha rolda de contactos e consultas cos concellos de Galicia para que presenten as súas manifestacións de interese dos proxectos a executar no contexto dos Fondos Next Generatión e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 2949/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia que modifique a normativa reguladora da Renda de Inclusión Social de Galicia, co obxecto de facela complementaria e compatible co Ingreso Mínimo Vital. Rexistro Pleno 2950/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a comprometer a execución do Instituto de Navia e a redactar o proxecto de xeito inmediato para garantir que Navia poda contar cun
instituto no menor prazo posible. Rexistro Pleno 2951-1101.
PARTE DE CONTROL
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía, do 19.04 ao 17.05.2021. Expte. 1022/1102 (Rexistro Pleno 2941/1101).
11. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, do 19.04 ao 17.05.2021. Expte. 1023/1102 (Rexistro Pleno 2942/1101).

Mocións.
12. Moción do grupo municipal do Partido Popular, instando a Ministerio de Transportes e ao goberno local a executar as obras de ampliación da Avda. do Aeroporto e da Avda. do Tranvía para dotar ao IFEVI duns accesos para dar servizo, así como a reforzar o servizo de transporte urbano colectivo de viaxeiros. Rexistro Pleno 2952/1101.
13. Formulación de rogos.
14. Formulación de preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA, por vídeo conferencia e presencial, estarán no salón de Plenos o Alcalde, os voceiros dos grupos municipais, membro non adscrito e os Tenentes de Alcalde, ás NOVE HORAS do día VINTE E SEIS de MAIO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

  {{entry.title}}
Videos relacionados

Canales

link_to_download_wait
link_to_download_ajax