Pleno ordinario Abril
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 4.
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 28 de ABRIL de 2021, ás NOVE HORAS, por vídeo conferencia e presencial no salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: ordinaria do 31 de marzo de 2021.
Declaracións institucionais.
2. Declaración institucional 8 de abril 2021, Día Internacional do Pobo Xitano, procedendo a súa lectura Dª Ana León Borja. Rexistro Pleno 2880/1101.
Ditames das comisións informativas:
MEDIO AMBIENTE, CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE, PARQUES, FESTAS, TURISMO E DEPORTES
3. Aprobación definitiva da Ordenanza Municipal Reguladora do uso e desfrute dos areais do termo municipal de Vigo. Expte. 14674/306 (Rexistro Pleno 2899/1101)
URBANISMO
4. Aprobación inicial do Instrumento de Ordenación Provisional no ámbito do Polígono 32 do PERI IV-04 Calvario. Expte. 17165/411 (Rexistro Pleno2900/1101)
ORZAMENTOS E FACENDA
5. Dar conta do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións previstos nas leis, correspondente ao 1º trimestre do ano 2021. Expte. 24258/541 (Rexistro Pleno 2896/1101)
Mocións resolutivas.
6. Moción do concelleiro membro non adscrito, pola recuperación do sistema sanitario público. Rexistro Pleno 2907/1101.
7. Moción do grupo municipal Mixto, promovida pola Asociación “Jubilación anticipada sin penalizar” ASJUBI40 para a modificación da Lei Xeral de Seguridade Social en materia de xubilación anticipada.
Registro Pleno 2853/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a implantar, de forma inmediata, nos xulgados de instrución de Vigo as gardas de 24 horas, e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 2909/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a decretar a gratuidade do aparcadoiro do Hospital Alvaro Cunqueiro e a cesión ao Concello da Parcela 5 do complexo hospitalario para a construción dun aparcadoiro gratuíto. Rexistro Pleno 2910/1101.
10. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a xestionar, de xeito coordinado coa cidade de Vigo, os Fondos Europeos que perciba a través do Goberno do Estado e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 2911/1101.
11. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Autoridade Portuaria a situar como obxectivo prioritario do DEUP e do Plan Especial do Porto a transformación do fronte de Beiramar para conquerir a
integración do Porto e a cidade, e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 2912/1101.
PARTE DE CONTROL
12. Dar conta de Resolucións da Alcaldía do 18.03 ao 18.04.21. Expte.1010/1102 (Rexistro Pleno 2897/1101).
13. Dar conta de Resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as do 18.03 ao 18.04.21. Expte. 1011/1102 (Rexistro Pleno 2898/1101).
14. Dar conta do acordo da XGL, de data 25.03.21, referente á modificación do nomeamento de representantes da Corporación na Asemblea da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Expte.
979/1102 (Rexistro Pleno 2903/1101)
15. Dar conta das Resolucións de Alcaldía, de data 16.04.21, de modificación da estrutura das Áreas de Goberno e de modificación das delegacións de competencias nos concelleiros/as delegados/as de
Área. Expte. 598/1101 (Rexistro Pleno 2904/1101).
16. Dar conta do acordo da XGL, de data 22.04.21, de modificación de delegación de competencias da Xunta de Goberno Local nos concelleiros delgados de Área e nos demais delegados de competencias. Expte. 601/1101 (Rexistro Pleno 2905/1101).
Mocións de control.
17. Moción do grupo municipal do Partido Popular, instando ao goberno local a elaborar unha estratexia cultural 2021-2023 co obxectivo de dotar a Vigo dunha ampla e accesible oferta cultural e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 2908/1101.
18. Formulación de rogos.
19. Formulación de preguntas.