Pleno ordinario Decembro
ORDE DO DÍA
PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: Ordinaria do 24 de novembro de 2021.
Mocións:
2. Moción do concelleiro membro non adscrito pola mellora da conexión
ferroviaria de Vigo e a súa Área Metropolitana. Rexistro Pleno
3220/1101.
3. Moción do grupo municipal Mixto solicitando o incremento de recursos
de políticas destinadas á poboación migrante na Cidade de Vigo.
Rexistro Pleno 3217/1101.
4. Moción do grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno
central a máxima transparencia sobre a viabilidade técnica e
económica das obras de conexión do AVE entre Vigo e Ourense, a
través da variante de Cerdedo. Rexistro Pleno 3223/1101.
5. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia
acreditar os criterios a rexer no reparto das subvencións da
Comunidade Autónoma en favor das entidades locais e outros acordos
complementarios. Rexistro Pleno 3228/1101.
6. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a
acometer a reforma integral de centros de educación infantil e
primaria da cidade de Vigo, aproveitando a chegada dos fondos
europeos. Rexistro Pleno 3229/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a
facer públicos os datos do estudo de análise e diagnose do mapa da
soidade de Galicia e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno
3230/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a
implantar e financiar, nos mesmos termos que fai con outras cidades
da Comunidade Autónoma, unha liña de autobús que conecte o centro
de Vigo co Aeroporto. Rexistro Pleno 3231/1101.
PARTE DE CONTROL
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, dende o 18.11 ao 20.12.2021.
Expte. 1120/1102. Rexistro Pleno 3218/1101.
10. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as,
dende o 18.11 ao 20.12.2021. Expte. 1121/1102. Rexistro Pleno
3219/1101.
11. Formulación de rogos.
12. Formulación de preguntas.