Pleno ordinario Novembro
ORDE DO DÍA
PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: Ordinaria do 27.10, extraordinaria do 11.11 e extraordinaria do 17.11.2021.
Declaracións institucionais.
2. Intervención de Dona Rosa Chantada Abollo, presidenta da asociación “Mulleres e Palabras”, colectivo integrante do Consello Municipal da Muller para expoñer o texto proposto con motivo do día 25 de novembro “Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres”. Expte. 11140/224 (Rexistro Pleno 3157/1101).
3. Solicitude da Asociación Galega de afectados polo VIH (AGAVIH) paraexpoñer o texto proposto con motivo do “Día Mundial de resposta aoVIH-Sida”. Rexistro Pleno 3193/1101.
Ditames das comisións informativas:
FOMENTO, SERVIZOS, PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
4. Aprobación do Plan Anual Normativo correspondente ao ano 2022 doConcello de Vigo. Expte. 1696/110 (Rexistro Pleno 3172/1101).
5. Moción do concelleiro membro non adscrito polo aumento dos recursos para enfrontar as violencias machistas. Rexistro Pleno 3192/1101.
6. Moción do grupo municipal Mixto para rexeitar a tentativa de privatizacións das listas de agarda e as urxencias hospitalarias na Área Sanitaria de Vigo. Rexistro Pleno 3188/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a dotar presupostariamente nos seus Orzamentos de 2022, para acometer con urxencia a ampliación do Centro de Saúde de Bouzas. Rexistro Pleno 3194/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia á cumprir o seu compromiso de 2018 de dotar dunha Unidade de Demencias ao Hospital do Meixoeiro en Vigo. Rexistro Pleno 3195/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a financiar integramente a nova escola infantil da Praza da Industria, cos fondos que recibirá do Goberno do Estado. Rexistro Pleno 3196/1101.
10. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a consignar presupostariamente a cantidade de 6 millóns de euros nos seus Orzamentos 2022 ao obxecto de iniciar a meterialización das humanizacións nas estradas da Xunta en Vigo. Rexistro Pleno 3197/1101.
11. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a consignar unha partida orzamentaria de 5 millóns de euros nos seus orzamentos 2022, ao obxecto de abordar a actuación de mellora das pistas deportivas de atletismo de Balaídos. Rexistro Pleno 3199/1101.
PARTE DE CONTROL
12. Dar conta de resolucións da Alcaldía, dende o 20.10.21 ao 17.11.21. Expte. 1103/1102 (Rexistro Pleno 3190/1101).
13. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, 20.10.21 ao 17.11.21. Expte. 1104/1102 (Rexistro Pleno 3191/1101).
Mocións.
14. Moción do grupo municipal do Partido Popular instando unha nova ordenanza da auga que tarife polo consumo real, suprima os costes fixos e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 3198/1101.
15. Formulación de rogos.
16. Formulación de preguntas.