Pleno ordinario Agosto

Canal Plenos
Título Pleno ordinario Agosto
 
Órgano Pleno
  (Mandato 2019-2023)
 
Fecha 15 de Septiembre de 2021, 09:07
Duración 3h. 0m.
 

PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 11


CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA (agosto) que terá lugar o día 15 de setembro de 2021, ás NOVE HORAS, por vídeo conferencia e presencial no salón de Plenos deste Concello.

PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: Extraordinaria do 23.07, ordinaria do 28.07 e extraordinaria do 26.08.2021.


Ditames das comisións informativas:
BENESTAR SOCIAL, IGUALDADE, NORMALIZACIÓN LINGüÍSTICA, DISTRITOS E PARTICIPACIÓN CIDADA
2. Proposta de aprobación do I Plan de Igualdade do Persoal ao Servizo do Concello de Vigo. Expediente 11011/224 (Rexistro Pleno 3058/1101).
 

ORGANIZACIÓN MUNICIPAL, SEGURIDADE, DIZAMIZACIÓN ACTIVA E I+D
3. Festividades locais para o ano 2022. Expte. 1692/110 (Rexistro Pleno 3057/1101).


Mocións:
4. Moción do concelleiro membro non adscrito polo futuro do sector da automoción en Vigo e Galiza. Rexistro Pleno 3089/1101.


5. Moción do grupo municipal Socialista, instando ao Consorcio do Casco Vello de Vigo a cesión ao Concello de Vigo do uso dos 14 locais desocupados por un prazo de 10 anos, prorrogables de común acordo polas partes, coa finalidade de potenciar o Casco Vello. Rexistro Pleno 3093/1101.

6. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a que aporte un volume de recursos económicos equivalente ao que aportan conxuntamente Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra para a promoción de rutas aéreas no Aeroporto de Vigo. Rexistro Pleno 3094/1101.


7. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a manter no curso 2021-2022 a tódolos profesores/as contratados no curso 2020-2021 para garantir tódolos protocolos sanitarios e unha educación de calidade nos centros educativos da cidade. Rexistro Pleno 3095/1101.


8. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a contribuír con fondos autonómicos para financiar o pasivo do estaleiro Barreras na mesma medida que o está a facer o goberno de España, e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 3096/1101.


PARTE DE CONTROL
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, do 19.07 ao 16.08.2021. Expte.1062/1102. Rexistro Pleno 3055/1101.


10. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, do 19.07 ao 16.08.2021. Expte. 1063/1102. Rexistro Pleno 3056/1101.
 

Mocións.
11. Moción do grupo municipal Mixto para artellar de urxencia políticas en materia de contención do prezo do alugueiro en Vigo e aumentar o parque de vivenda dispoñible para este fin, así como a xestión pública directa municipal do futuro stock de vivenda pública. Rexistro Pleno 3090/1101.


12. Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre a información pública do PXOM. Rexistro Pleno 3092/1101.


13. Formulación de rogos.


14. Formulación de preguntas.

  {{entry.title}}
Videos relacionados

Canales

link_to_download_wait
link_to_download_ajax