Pleno ordinario Xullo
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 9
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 28 de XULLO de
2021, ás NOVE HORAS, por vídeo conferencia e presencial no
salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: Ordinaria do 30 de xuño de 2021.
Declaracións institucionais.
2. Declaración Institucional presentada pola “Alianza para la Eliminación de
las Hepatitis Víricas en España” con motivo das “Ciudades españolas
comprometidas con acelerar la eliminación de la hepatitis C en España”.
Rexistro Pleno 3009/1101.
3. Declaración Institucional “Laxeiro e Vigo”. Rexistro Pleno 3031/1101.
Ditames das comisións informativas:
ORZAMENTOS E FACENDA
4. Dar conta do “Informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos
prazos para o pago das obrigas do Concello de Vigo previstos no Texto
Refundido da Lei de Contratos do Sector Público correspondente ó
segundo trimestre do ano 2021”. Expte. 24538/541 (Rexistro Pleno
3006/1101).
5. Dar conta do estado de Execución do Estado de Gastos e Ingresos do
orzamento correspondente ao segundo Trimestre do 2021, así como do
movemento de tesourería por operacións orzamentarias e non
orzamentarias. Expte. 197/143 (Rexistro Pleno 3010/1101).
ORGANIZACIÓN MUNICIPAL, SEGURIDADE DINAMIZACIÓN
ADMINISTRATIVA E I+D
6. Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora da instalación de
terrazas en espazos de uso público. Expte. 118041/210 (Rexistro Pleno
3019/1101).
Mocións:
7. Moción do concelleiro membro non adscrito sobre a adopción de
medidas urxentes para resolver a grave crise do sector Naval de Vigo.
Rexistro Pleno 3032/1101.
8. Moción do grupo municipal do Partido Popular en apoio do Xacobeo 21-
22. Rexistro Pleno 3026/1101.
9. Moción do grupo municipal Mixto para a toma de medidas urxentes en
defensa do Sector Naval e dos Estaleiros da Ría de Vigo. Rexistro Pleno
3027/1101.
10. Moción do grupo municipal Socialista instando ao Conselleiro de
Sanidade a corrixir de inmediato o conxunto das decisións adoptadas na
Área Sanitaria de Vigo. Rexistro Pleno 3028/1101.
11. Moción do grupo municipal Socialista instando a Xunta de Galicia a
destinar unha partida concreta destinada ao apoio á cultura na cidade
de Vigo en proporción co destinado ao conxunto de Galicia. Rexistro
Pleno 3029/1101.
12. Moción do grupo municipal Socialista instando a Xunta de Galicia á
adopción do acordo de transferencia automática e inmediata do 15%
dos fondos recibidos e que se reciban no futuro do goberno do Estado
correspondentes ao REACT EU e fondos PEMEs e autónomos (unha vez
descontos os gastos de sanidade) de acordo co peso demográfico de
cada cidade no conxunto de Galicia. Rexistro Pleno 3030/1101.
13. Moción do grupo municipal Socialista instando a Xunta de Galicia a
incorporar o Proxecto de urbanización de ampliación de Navia das
melloras prantexadas polos servizos municipais e operadoras de servizo,
a rematar o proxecto de expropiación e sinatura de convenio de
colaboración có Concello de Vigo para a construción e posta en Servizo
o IES de Navia e a asumir e promover ámbitos de vivenda protexida dos
incorporados á revisión do PXOM. Rexistro Pleno 3033/1101.
14. Moción do grupo municipal Socialista instando ao Porto de Vigo a
coordinar e acordar co Concello de Vigo o Plan de Espazos e Usos
Portuarios e o Plan Especial do Porto e optimizar os usos das actuais
instalacións portuarias. Rexistro Pleno 3034/1101.
PARTE DE CONTROL
15. Dar conta de resolucións da Alcaldía, dende o 19/06/2021 ao
18/07/2021. Expte. 1047/1102 (Rexistro Pleno 3024/1101).
16. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as
dende o 19/06/2021 ao 18/07/2021. Expte. 1048/1102 (Rexistro Pleno
3025/1101).
17. Modificación de delegación de competencias da Xunta de Goberno Local
nos Concelleiros-Delegados de Área e nos demais delegados de
competencias: Área de Fomento e Servizos. Expte. 601/1102 (Rexistro
Pleno 2997/1101).
18. Formulación de rogos.
19. Formulación de preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós
expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno
da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA, por vídeo conferencia e
presencial, estarán no salón de Plenos o Alcalde, os voceiros dos grupos
municipais, membro non adscrito e os Tenentes de Alcalde, ás NOVE HORAS
do día 28 de XULLO, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderíase
convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia
puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de
información.