Pleno ordinario Xuño
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 7
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 30 de XUÑO de
2021, ás NOVE HORAS, por vídeo conferencia e presencial no
salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: Ordinaria do 26 de maio de 2021
Declaracións institucionais.
2. Declaración Institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI 2021. Rexistro Pleno 2996/1101
Ditames das comisións informativas:
ORZAMENTOS E FACENDA
3. Aprobación inicial da Modificación Orzamentaria nº42/2021 para o pago da liquidación dos aparcadoiros de Jenaro de la Fuente e Castelao. Expte. 3357/449 (Rexistro Pleno 2965/1101)
4. Aprobación da Conta Xeral do Concello de Vigo e do Organismo Autónomo da Xerencia Municipal de Urbanismo, correspondente ao ano 2020. Expte. 180/143 (Rexistro Pleno 2966/1101)
ORGANIZACIÓN MUNICIPAL, SEGURIDADE, DINAMIZACIÓN ADMINISTRATIVA E I+D
5. Ordenanza de Procedemento Administrativo Electrónico do Concello de Vigo. Expte. 152/1102 (Rexistro Pleno 2981/1101).
Mocións:
6. Moción do concelleiro membro non adscrito sobre a nova tarifa eléctrica. Rexistro Pleno 2889/1101.
7. Moción do grupo municipal do Partido Popular para condenar o indulto outorgado aos líderes independentistas cataláns condenados por sedición e esixir a dimisión do Presidente do Goberno por faltar ao seu xuramento constitucional. Rexistro Pleno 2990/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a incrementar o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) da súa competencia e que xestionan os concellos, que permanece conxelado dende o ano 2012. Rexistro Pleno 2992/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a executar os orzamentos en materia de Política de Vivienda
comprometidos e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 2993/1101.
10. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a elaborar un plan a 4 anos para abordar a reforma integral de centros educativos da Cidade de Vigo. Rexistro Pleno 2994/1101.
11. Moción do grupo municipal Socialista, instando ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Conselleiro de Sanidade a dar explicacións sobre a situación actual da Sanidade Pública de Galicia e adoptar medidas urxentes para reducir as listas de espera. Rexistro Pleno 2995/1101.
PARTE DE CONTROL
12. Dar conta de resolucións da Alcaldía, dende o 18.05 ao 18.06.2021. Expte. 1038/1102 (Rexistro Pleno 2977/1101).
13. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, dende o 18.05 ao 18.06.2021. Expte. 1039/1102 (Rexistro Pleno 2978/1101).
Mocións.
14. Moción do grupo municipal Mixto para a implantación de medidas específicas contra as violencias machista ante a celebración de eventos masivos no período estival. Rexistro Pleno 2987/1101.
15. Formulación de rogos.
16. Formulación de preguntas.